Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Balaidos Femenino 2 – 5 Salcedo
Partido de cara e cruz, a primeira parte marcada polos errores defensivos das nosas xogadoras que permitiron ao equipo visitante adelantarse por catro goles nos vinte primeiros minutos. Tralo parón para hidratarse, o equipo saiu asentado no campo e comezou a dominar o partido, conseguindo reducir a ventaxa rival con un gol.
Na segunda parte, o equipo demostrou que sabe e pode xogar ao fútbol, fomos as dominadoras do balón, todas as ocasións de gol foron a favor do Balaidos, mais só conseguimos reducir a vantaxe nun punto.
Goleadoras: Nerea, Falque.
Chapela 8-1 Cadete
Gran esforzo dos rapaces na calurosa tarde do sábado. Moi bos primeros 25 minutos de partido, defendendo de maneira moi sólida e encontrando aos xogadores libres en salida de balón. Tanto foi así que conseguiron chegar en empate a 1 á pausa de hidratación. Foi logo desta cando o equipo, despois encaixar un gol xusto na reanudación cun saque de banda a favor, pagou a grandísima diferencia física dos equipos e calidade individual dos xogadores rivales. Catro goles dende fóra da área imposibles para o noso porteiro puñan o 5-1 ó descanso. Na segunda parte, o equipo non foi quen de saír de campo propio e deixouse a pel en continuos esforzos defensivos. Moi boa actitude e sacrificio do equipo pero, a partir do minuto 25, moi pouco do traballado durante a semana con balón.
Gol: Juan.
Senior masculino 8-0 Moledo
Partido sen moita historia en Sardoma. Moitos goles nun partido que comezou algo dubitativo no xogo para os nosos, pero cun dominador claro. Destacar a Edu, que fixo hat trick. Quedan 5 partidos e este fin de semana xogamos na casa ca posibilidade de por o equipo segundo na clasificación e deixar encaminado o ascenso É bo partido para presumir de sentimiento verde e vir a animar ó Federativo… Xa avisaremos da hora!
Comesaña 4 – 0 Xuvenís
Mañá difícil para os xuvenís en Comesaña.
Comezaba mal o partido para o Balaídos con dous erros moi graves que poñen por diante os locais. Trataron de empatar os visitantes sen éxito.
Na segunda metade segue a mesma tonica, o Comesaña dominando o xogo e tendo as ocasións máis claras, marcando por dúas veces máis.