Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Cadete 1-1 Moledo B
Empate dos nosos cadetes ante o colista da liga, que consegue así o seu segundo punto da temporada. Os nosos dominaron a posesión do balón pero non foron quen de por aos xogadores de ataque en posicións favorables para atacar a última liña rival. No minuto 70 quedamos con 10 xogadores por unha protesta ao árbitro e, no minuto 79, o Moledo colle al equipo nunha contra e empata o partido. A pesar dos nosos ter dúas ocasións moi claras no tempo de desconto, o partido rematou en tablas.
Gol: Antón.

Cañiza 4 – 1 Balaidos Femenino
Partido con mal inicio para o Balaidos. Unha primeira parte marcada pola falta de colocación e comunicación das nosas xogadoras, que permitiron ao equipo visitante facer o que quixeron co balón e, por conseguinte, adiantarse por 3 goles. Esta desvantaxe fixo espertar ás xogadoras, que loitaron ata reducirla nun punto no derradeiro minuto da primeira parte.
Na segunda metade, o equipo saiu con novos folgos e conseguiron impoñerse ás rivais. Esta nova vantaxe truncouse cando, de maneira moi rigurosa, expulsouse á porteira, levándose con ela os esforzos por remontalo partido.
Goleadora: Faith.

Senior fútbol sala femenino 2 – Begonte 2
mal partido pero que aínda xogando mal tivemos moitas ocasións para gañar 5 paus e máis ocasións non foi o noso día-

Senior masculino Balaidos 3-1 Peñasco
Partidazo dos rapaces ante un rival durisimo, o balaidos monopolizou a pelota e o peñasco plantouse cun 4-4-2 en repliegue e transicions moi rápidas, no minuto 6 de partido , os nosos encaixaban un gol nunha mala saida de balón dende atrás, pero a partir de ahí souberon xogar moi ben o partido, empatando xusto antes do descanso , na segunda parte , e tras un par de axustes, chegaron dous goles mais.

O equipo colócase segundo na clasificación , a 4 xornadas para rematar a liga

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alevíns 4- 3 S.D. Ponteareas “C”
Moi bo partido dos rapaces, que pese a comezar cun gol en contra a escasos minutos, conseguiron a victoria remontando o partido cun marcador complicado. Tres puntos froito do seu traballo, que non baixaron os brazos en ningún momento.

Xuvenís 0 – Choco B 2
Duelo na parte alta da clasificación que cae da parte de Redondela.
Primeira parte de dominio claro dos visitantes ante un inoperante Balaídos en ataque, que apenas levou perigo ao área rival.
Na segunda metade un par de desaxustes defensivos provocan os dous goles visitantes. Rematou mal o partido o equipo local que chega xusto de forzas ao final da tempada.