Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

En tódolos partidos tivo lugar un minuto de silencio pola morte hai uns días da nai do noso Presi. Con cariño!! ❤️❤️❤️

Infantil 0-10 alerta navia B
Hoxe fixeron un partidazo onde eramos 9 na primeira parte métennos 4 goles con 5 ocasións nosas, no medio da primeira parte xa eramos 11 e acabamos cun 4-0, na segunda parte dérono todo e seguen mellorando e os resultados seguen baixando, aos poucos isto acaba de empezar na segunda parte tivemos 4 ocasións a gol onde o porteiro rival tapa moi ben, foi un partido entretido e o mellor rival con respecto foi o mellor.

Mondariz 2 – 1 Balaidos Feminino
Partido con mal inicio para o Balaidos. Unha primeira parte marcada pola falta de colocación e comunicación das nosas xogadoras, que permitiron ao equipo visitante adiantarse no primeiro minuto de partido e sen presentar oposición durante os primeiros cuarenta e cinco minutos.
Na segunda metade, o equipo saiu con novos folgos e conseguiron impoñerse ás rivais. Truncouse o noso xogo cando o Mondariz marca o segundo gol tras un mal despexe. Finalmente, tras varias xogadas de ataque das nosas xogadoras, conseguimos reducir a vantaxe con un golpeo desde fora do área.
Goleadora: Aroa

FS feminino 2-5 Superti Ribeira
Un partido onde empezamos ben pero concedimos moitos regalos e non estivemos contundentes. Non foi un bo día

Alevin 1-14 santa mariña c
Mal partido, no que a falta dun porteiro e unha segunda parte malisima provocou unha derrota abultadisima

Cadete 2-0 Casablanca
Victoria dos nosos cadetes nun partido no que mostraron unha mala versión. Un día máis que, na casa e ante un rival asequible, non se consegue dominar ao rival e impoñer o noso ritmo e estilo. Ese debe ser o obxectivo do equipo, xa que por traballo e calidade, temos a capacidade de facelo contra calqueira rival da categoría. Decidimos o partido na pelota parada, cunha falta directa e cun córner.
Goles: Ambros e Joel Mena.

Senior 2-peñasco 2
Excelente primeiro tempo e moito desgaste físico. Minuto 95 remontando un 1-2.
Son un gran grupo sacando adiante as adversidades.
Goles de Edu e Lucas

Xuvenil 1 – Pereiro 2
Nova derrota dos noso, nun partido regular onde non puidemos impoñer o noso estilo. Foi superior o pereiro con balón pero sen demasiado perigo. Remata o primeiro tempo con 0-0. Na segunda metade dous erros individuais ao principio poñían o partido costa arriba. 0-2. Recortaba distancias Pedro Llorente de falta directa e pouco máis en ataque.