Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Infantil 0-6 vigo2015
Empezamos fatal o partido con moitos fallos defensivos na primeira parte, non tocabamos nin 4 pases seguidos metéronnos goles polo mesmo lado.
A segunda parte cambiouse a actitude e a intensidade onde tivemos moitas asistencias a goles pero non tirabamos a marcar sempre ao boneco de 5 goles na primeira parte ha 1 só gol na segunda estivo moito mellor, tivemos 4 baixas importantes pero non se deron por rendido.
O vigo2015 mollo moi ben a primeira parte.
Grazas a henrique e Enzo fixérono xenial
Xuvenil 0 – Caldelas 0
Primeira parte no que o equipo tivo máis ocasións que o rival gracias a boa orde defensiva que nos permitía robar moitos balóns e sair con perigo.
Aos dez minutos da segunda parte quedaríamos con un ome menos pero o equipo deu a cara ata o final e non concedeu ocasións ao rival.
Un punto máis cerca do obxetivo e seguimos crecendo como equipo.
Femenino sala Concello de Begonte 4- 3 Balaídos FS feminino
Partido que se decidiu plos erros en defensa como nas malas decisións en ataque.
Gondomar 4 – 2 Balaidos Femenino
Partido con mala sorte para o Balaidos. Case os 90 minutos do partido tivemos o balón e, ata en dous ocasións, adiantandonos no marcador. Pero as rivais chegaban a nosa portería e a xogada acababa en gol e nos chegabamos a súa para encontrarnos cunha porteira que chegou a despexar ata dous tiros a porteria nunha mesma xogada ou cunha linea defensiva que evitou outro posible gol sobre a liña da portería.
2 goles de Barby
Cadetes 1-3 Santa Mariña “C”
Gran partido dos nosos cadetes ante o líder do grupo. Compases iniciais de tanteo onde o Balaidos esperaba en bloque medio con algunha duda na marcaxe cerca do área que permitíu so Santa Mariña crea perigo con centros laterais. Co paso dos minutos os rapaces sentironse máis cómodos tendo o balón e progresando con el dende o porteiro e chegando frecuentemente a campo rival atacando as costas dos defensas. A pesar disto, non puidemos materializar en tiros a porta e, na última xogada da primeira parte, o Santa Mariña adiantarase de penalti por man. Na segunda parte o encontro púxose precioso, cos dous equipo pelexando por cada balón coma se fose o último. Así chegou o noso merecido empate e cando máis controlado tiñamos o partido, os rivais adiantáronse cun golpeo dende moi lonxe que o noso porteiro non logra ataxar por calcular mal o salto. No último minuto o rival poría o 1-3 final. Nesta liña de xogo e confianza é na que debemos seguir, ánimo por partidazo e a seguir mellorando!
Gol: Hugo.
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar