Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Senior femenino fútbol sala Bembrive 2 – 2 Balaidos
Partido moi disputado, creo que o empate fai xustiza ao ocorrido no campo.

Goián 0 – 4 Xuvenís
Campo cheo nunha das últimas oportunidades do equipo local de salvar a categoría.
Comezaba o partido con máis claridade en ataque para o Balaídos que tiña as ocasións máis claras. Na media hora de xogo un balón filtrado en profundidade, remata en penalti e expulsión do porteiro do Goián, David Núñez e o encargado de transformalo. Antes do descanso volvería coller vantaxe os visitantes con gol de Defran.
Na segunda metade, faise sentir o alento da grada que presiona os xogadores visitantes, cometendo varios erros na misma xogada que remata en penalti que detén sen problemas Hugo González. Continuaba o perigo por parte do Balaídos que de novo con Defran encontraría o terceiro. Xa no último minuto, gol de Mario Rodríguez para o 0 – 4 final.

 

La Guía 6-1 Cadetes
Último partido de liga do equipo cadete, no que puidemos ver os mellores 40 minutos do equipo con balón da tempada na primera parte. Gran movemento de balón dos nosos, que dominaron ao tercero equipo da categoría. Os rivais contraatacaban con velocidade, sendo moi efectivos nas súas oportunidades. O resultado ao descanso foi de 2-1. Na segunda parte, a entrada de cinco xogadores suplentes rivais moi superiores físicamente fixeron aos nosos perder o dominio e encaixar 4 goles máis.
Gol: Juan.