Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Moledo A 1 – 2 Cadete
Victoria importantísima diante dun dos mellores, se non o mellor equipo de Terceira. O equipo fixo un partido impresionante, demostrando que pode competir e gañar a calquera.
Os primeiros 20 minutos foron de moitísimo nivel: movemos o balón mellor que o Moledo e marcamos dous goles temperáns grazas aos pases en longo e ao gran traballo táctico. O plan defensivo saíu perfecto. Eu xa fora a velos adestrar e xogar, e os mozos seguiron á perfección o que prepararamos.
O único a mellorar son as faltas. Facemos demasiadas, e a min gústame o #xogo limpo: que se fagan as necesarias, pero non as innecesarias. Iso hai que corrixilo.
VP: todo o equipo. Ao final isto é como o xadrez: a dama vale nove puntos, o peón uno, pero se todas as pezas non están ben colocadas, danche xaque mate. Hoxe todos estiveron onde tiñan que estar.
Con esta vitoria, nos reenganchamos de cheo na pelexa pola fase de ascenso. 💚💪🏻⚽
Moledo “A” 3 – 1 Benxamín “A”
O partido empezou raro. Sen moito dominio por parte de ningún equipo.
Aos 10 minutos, e empezando a controlar un pouco máis o xogo, prodúcese unha falta a uns 8 metros da área, onde o árbitro tarda moitísimo en permitir sacar e o adestrador protéstao, recibindo unha amarela, inxusta á miña parecer. Tras esa amarela, o árbitro decide sacar unha segunda amarela e expulsar ao adestrador por levantar o dedo polgar a modo de aceptación…
A primeira parte transcorreu sen moito a destacar.
A segunda parte, comezamos moi ben e anotando o primeiro gol, cunha xogada onde Nicolás, tras gañar as costas do defensor, regateou ao porteiro e definiu a pracer. Tras ese primeiro gol, tivemos unha segunda ocasión onde Izan gana as costas do defensa novamente e queda man, pero o número 4 do Moledo rectifica sorprendentemente ben e lla curta.
Xusto na seguinte xogada, un centro rematado de bolea pon o 1 a 1.
Volvemos controlar o xogo, e Maxi en velocidade quedou man a man co porteiro, que saíu moi rápido e tapou todo o espazo.
Novamente, tras esa ocasión, anotáronnos o 2 – 1.
Xa ao final do partido, o Moledo anotaba un golazo ao segundo pau que sentenciaba o partido.
Fomos mellores, pero o fallar ocasións e a falta de cambios para dar frescura prexudicounos e moito
Infantil “B” 0 – 11 Sárdoma.
Seguimos traballando moito a importancia de ter actitude.
Vin unha mellora moi grande na primeira parte seguen evolucionando todo ao seu paso é un equipo que se esta adaptando aínda ás medidas de fútbol 11.
Sárdoma moi bo equipo e moitas nenas que xogan con cadete e sénior moi boas xogadoras os goles veñen delas.
tivemos 4 ocasións na primeira parte pero non resultan chegadas a portería.
Primeira parte moi boa.
Segunda parte, saen moi despistados e Nico como porteiro na segunda parte.
onde moitos fallos en portería e case tapa un penalti que se tirou á beira que lle pego a nena.
moitos erros no medio onde non baixan a coller marcaxe despois de perder un balón quedan mirando bastante e iso atrápanos moito á contra.
Seguiremos tentándoo o mais importante agora mesmo é que #gozar e pasen ao ultimo grupo onde o van a pasar mellor con resultados moi igualables.
Erizana 3-0 Xuvenil A
Un partido o cal foi complicado, non soubemos como tapar os seus movementos ou as súas proposta de xogo, cando empezamos a entrar en ritmo xeramos un penal, que non pon por baixo.
Na segunda parte moito mellor entramos mais en ritmo e por unha falla na área condénannos póñennos o segundo e xa logo condénannos co 3ro por un falla de organización defensiva.
O noso equipo xuvenil ten a capacidade de xogar contra quen sexa a pesar dos resultados que se están dando, só hai que darlle un subidón de actitude e todo ira en prosperidade🫡
Ponteareas “B” 1 – 1 Xuvenil “B”
Partido tácticamente complicado
Primeira parte foi con control pero con algo de desorde e falta de comunicación entre xogadores
Ao descanso finalizamos a ceros
Xa na segunda márcannos o primeiro,o equipo reacciona e xera perigo ata a falta de media hora do final empatamos o partido, tivemos ocasións para amarrar a vitoria
Pero o Ponteareas cara a presión moi alta e era difícil de controlala, pero mantívoselles o pulso, creamos ocasións perigosas pero os porteiros, despois de ir a uns, foron claves á hora de manter o resultado actual, finaliza partido,e levámonos un punto traballado nun campo complicado e sendo ademais o noso desprazamento como visitantes mais afastado da liga
Infantil “A” 2 – 2 Valladares B
Hoxe mantémonos na primeira parte moi ben colocados e moi contento hoxe vin un xogo moi bonito por ambas as partes do campo, e debutou anxo e meteu o seu primeiro gol 💪 no minuto 35 despois houbo dous fallos de Brais en portería que nos remontan moi fácil ao 1-2 e na segunda parte foi moi intensa pero facendo moi bo xogo con moita dominación de balón pero non chegabamos a terminar os goles tivemos un penal que o tira moi ben Miguel e o porteiro atálloo perfecto, pero nos últimos 3 minutos Gabri sentenza o empate, quedaba un minuto e Enzo zamorano fallo unha á escuadra e terminou o partido pero tivemos bastantes para terminar e levarnos os 3 puntiños pero non puido ser, o empate foi unha gran vitoria.
Feminino F11 3 – 2 Tomiño
Empezou a liga o Feminino de boa maneira, un partido que no primeiro tempo logramos marcar 2 e o segundo 1 máis, xa no segundo tempo as nosas xogadoras empezáronse a sentir máis cargadas e cansas e por dous erros metéronnos 2 goles.
Goleadoras:
Barbara
Ana
Meli
Coruxo FC 4 – 1 Prebenxamín
Gondomar basee 1 – 2 Sénior
Primeira vitoria da tempada
Partido moi disputado e moi traballado pola nosa banda
Ao descanso 0-2
Na segunda parte sufrimos porque non conseguimos pechar o partido co 0-3
Marcaron o 1-2 e sufrimos a expulsión do noso porteiro pero o equipo cun menos no últimos dez minutos soubo sufrir e conseguimos unha vitoria moi importante para ir reforzando ao equipo mentalmente.
Agora a pensar no Vincios.
Feminino F.7. 0 – 4 Tyde FC
Debut do Balaídos na liga de Fútbol 7. Resultado que non amosa ou partido feito polas nosas xogadoras. Aínda que moitas delas debutaban nun partido oficial, fixeron un moi bo traballo.
A primeira parte foi dominada polo Balaídos ata ou minuto vinte, non que vos nervios por marcar e un par de desaxustes defensivos permitiron ao Tyde marcar todos vos goles do partido.
Tras ou descanso, coas xogadoras máis relaxadas, retomamos ou control do balón e volvemos xerar ocasións de gol.
Alevín “A” 3 – 8 Cristo Victoria S.C.D
Pese ou resultado, partido pelexado dous rapaces non que partido tras partido vaise vendo as cousiñas que imos traballado.
Coma nos outros partidos, é nos últimos 15/20 minutos onde hai mais descontrol non campo e onde vos rivais conseguen a maior distancia de fronte ou gol.
Vos nenos sairon con boas sensacións e contentos co traballo.
Cidade de As Burgas FS 2 – 4 Cadete F7 Feminino
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar