Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Infantil 1-3 Rápido de Bouzas B
Gañamos con moita oposición a primeira parte e moitas ocasións a gol, a segunda parte moi ben pero relaxámonos na segunda parte e moitos fallos defensivos, pero como lles dixen o resultado era o de menos. 💪
Cañiza 4 – 0 Femenino
Gran traballo sen recompensa para o Balaídos. Unha primeira parte no que tivemos pouco o balón e as xogadas de ataque foron para ás rivais.
Pola contra, na segunda parte, o control do partido foi das nosas xogadoras mais non conseguemos o premio do gol.
Como punto positivo, destacar a gran mellora de xogo que tivo o equipo esta xornada respecto as últimas semanas.
Alertanavia B 1-1 Cadete
Partido con dúas caras, no que os nosos tiveron as ocasións mais claras na primeira parte, chegando a fallar varios mans a mans despois de boas xogadas de xogo directo.
Na segunda parte cambiáronse as tornas e o Alertanavia adonouse do balón, aínda que sen ocasións claras salvo a que lles deu a vantaxe. O Balaidos acabado anímicamente ata que o noso capitán rouboulle o balón dos pés ao central rival e definiu para poñer o empate que nos clasifica a seguinte ronda.
Toca volver as sensacións de semanas pasadas e pensar dende xa no Montecastelo. Imos rapaces!
Gol: Hugo.
Grandes!!!
Noraboa 👏👏💪
Felicidades 🚀💪🏻
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar