Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
UVCD Candeán “B” 4-2 Cadetes
Derrota dos cadetes na Madroa a mañá do sábado. Precioso partido de poder a poder, con dous equipos presionando alto e queriendo xogar todos os balóns dende o porteiro e progresar ata a portería rival. Adiantouse o Candeán, o Balaidos foi quen de remontar o partido con moi boas xogadas e unha gran actuación do noso porteiro Gael. No intercambio de xogadas de ataque na segunda parte, o Balaídos perdoou e o Candeán remontou marcando dous goles. O cuarto chegou xa nos últimos segundos do desconto. Noraboa rapaces polo voso esforzo e gran partido!
Goles: Pereira, Denis.
Infantil 0 – 3 Santa Mariña
Ola, hoxe os nenos na primeira parte estaban moi perdidos polo medio cos novos, Alán como central nótase moito na defensa, o Papá No el non foi nada superior pero os goles foron os resultados, os de Santa Mariña tiraron todo o día ao chan e pitaron 3 veces como falta pola protesta do adestrador na segunda metade, marcaron o 3 goles de falta que non puidemos facer nada dende o segundo tempo a área pero Yan Carlos non pode estar alí Fallei uns 7 tiros con 3 tiros ben colocados a portería, foi mala sorte, o árbitro de 14-15 anos por primeira vez f11 aguantando ao adestrador e a un pai de Santa Mariña onde os avisou. Imos pola seguinte.
Alevíns 2-6 C.F. Cañiza “A”
Resultado abultado co xogo feito no partido de hoxe.
Estando a primeira parte algo descolocados e custando o traballo defensivo conseguiron meter en contra 4 goles.
A segunda foi moito mais ataque dos locais, que pese o nerviosismo notable do equipo, marcaron dous goles.
De forma xeneralizada, bo traballo en ataque e mais lentos en defensa.
Feminino 1 – Salvaterra 0
Partido dominado, na primeira parte, completamente polo Balaídos, tiñamos o control do balón pero non se traduciu en marcar máis dun gol.
A segunda seguimos controlando o partido ata o minuto vintecinco, no que se lesiona Nerea cando xa agotáramos os cambios.
Goleadora: Juncal.
C. Hogar 3-2 Senior Masculino
Púxose por diante o Hogar na metade da primeira parte para ter rápida resposta cun gol de Pedrito. Co 1-1 no marcador foi expulsado Adrián Firmés por doble cartón amarelo. O equipo seguiu facendo unha gran primeira parte que tería recompensa con outro gol de Pedrito. Xusto antes do descanso empataría o Hogar.
A segunda parte foi de máis a menos para os nosos, que notaron o cansancio a medida que ían pasando os minutos.
Xa no minuto 81 o Hogar facía o definitivo 3-2 que non quedaría sen polémica, xa que nos últimos minutos do encontro Henry foi derribado no área rival, sen consecuencias.
Derrota dolorosa polas sensacións do equipo, pelexando e gañando todos os duelos durante todo o partido e dando a cara cun xogador menos casi 60 minutos.
Orgullosos e a seguir!
Este equipo merece moito máis!
Senior femenino FS. 1- 6 Stellae Leis Ciudade de Pontevedra
Un resultado que reflicte o acerto de cada equipo cara o gol e de ahí se pode ver o posto na clasificación de cada un, a seguir traballando :-).
Porriño industrial “B” 2 – 1 Xuvenil
Moi bó partido do Balaídos que queda sen premio no desconto, novamente.
Primeira parte con dominio dos verdes, finalizando varias ocasións perigosas pero sen acadar o gol, que chegaría por parte do Porriño nunha falta moi discutible cerca do área que remataria cun lanzamento directo. Na segunda métade, máis por empurre que por claridade no ataque, chegaría o gol do empate nunha xogada persoal de Sebas (1-1). As gañas de sacar os tres puntos xogou en contra do equipo, que tirou por terra todo o loitado nunha xogada mal defendida por todo o equipo que perdeu todas as referencias e permitiu o gol dos locais xa preto do pitido final.
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar