O gañador do sorteo dun ciclomotor doado polo concesionario Hyupersa Vigo xa recibiu as chaves da scooter do sorteo, nun sinxelo acto no concesionario vigués de Hyundai. O ciclomotor sorteado para que os clubs do programa Siareiros, un MITT RT Super 125 cc, cun valor duns 1.800 euros. Foi entregado en presenza do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e do xerente de Hyupersa, Juan José Paz.
O boleto foi vendido por 1 euro (doazón) polo Balaídos FC, e por iso acto acto tamén acudiu o seu presidente, Daniel Costas, acompañado por varias futbolistas do seu equipo sénior feminino de 3ª Galega.
O afortunado foi Santiago González. O sorteo tivo lugar hai uns días no descanso dun partido de baloncesto de 1ª nacional feminina entre o Bosco e o Seis do Nadal. Esta acción significou unha recadación de algo máis de 60.000 euros para os clubs Siareiros.
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar