Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
Infantil4-1 ponteareas B
Moi ben para todos e aos alevíns que viñeron achegaron moitísimo, Lois, Enzo e Santi fixeron un partidazo, nótase que van pillando fútbol 11 e o traballo desde alevíns,
O gol que nos meteron foi unha contra, pero despois de corrixir o rival non pasaba de medio campo fomos superiores imos a por o seguinte 💪💚
Valladares “B” 1-4 Cadetes
O primeiro partido do ano dos cadetes rematou con victoria, pero non coas mellores sensacións. Poca fluidez no xogo e absolutamente nada de control do partido, os nosos non estiveron a altura para ser quen de dominar ao rival a través da posesión de balón. Quedan moitos partidos todavía e non podemos caer no conformismo, hai que ir por máis!
Goles: Juan, Hugo, Miguel e Denis.
Femenino 2- 8 ponte Caldelas
Bos primeiro 20 minutos da primeira parte, xogabamos contra un equipo moi técnico e preparado, xa ao pasar os minutos viámonos superados por tamaño e forza e chegaron os goles, o primeiro tempo 3-0.
Na segunda parte logramos acurtar o marcador metendo dous goles, pero por fallos de comunicación na defensa e fallos de portería alongáronnos o marcador.
Goles de : Martina y Bárbara
Benjamín 3-5 porriño industrial C
Custounos remontar a primeira parte, estaba un pouco perdidos en colocación ao xogar con carrileiros gañábannos moito por dentro, empatamos a 1# parte con 2-2 e ao iniciar a segunda parte xa estaban un pouco máis atentos, Carel estivo moi ben atento na liña defensiva pero Gabri fallaba moito, Andrés e Álvaro estiveron moi ben no medio meteron entre eles os goles, Thiago fíxoo xenial gustoume a súa técnica co xogo que ten, o único que vin como fallo é que todos tiran coa punteira do pé, a por o seguinte partido💪
Alevin 2-8 valmiñor D
Empezaron moi durmidos na primeira parte, saída de balón desde atrás nin Manu, nin Enzo sabían orientar cara a banda regalábana moito por dentro, laterais non se saben situar no campo quedan arriba cústalles baixar, o mellor do partido foi Lois con dous goles uno de penal e o outro de falta moi ben colocado á escuadra do porteiro, imos a por o seguinte partido 💪💚
Xa están dispoñibles as colaboracións para o 2025/26. Patrocina e colabora coa MAREA VERDE!! Descartar