¡SENTIMENTO VERDE!

Xornada do fin de semana do 30 de maio (2020-21) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

 

CRONICA DA XORNADA

Cadetes 0 – 4 Racing Castrelos
Partido moi serio dos nosos que se enfrontaron ao aspirante ao ascenso. Aínda así nos fomos ao descanso con 2-0 no marcador tras media ocasión e un gol olímpico en contra. Moito calor e cansazo que recuperamos no intermedio. Paso á fronte por parte dos mozos que decidiron optar por un esquema máis ofensivo, envorcámonos, tivemos ocasións e remamos xuntos ata o final. Partido para analizar como equipo, insistimos semana a semana pero é unha gran verdade, estes mozos son unha bendición para calquera. Seguimos…

Infantís 5-1 Rápido de Bouzas B
O mellor partido da tempada do equipo. Unha presión alta durante os 80 minutos que prácticamente non deixou ao rival saír co balón controlado. Moito esforzo e sacrificio que por fin tivo recompensa, dominando o partido por completo. Aínda así, os nervos fannos pasar malas pasadas de cara a porta, xa que puidemos meter o dobre goles se houbésemos convertido todos os mans a mans co porteiro rival. O traballo dá froitos, os nenos cada vez disfrutan máis e o dan todo na loita por cada balón. Mención especial ao debut de Antón logo de superar a súa lesión de rodilla, a mellor noticia da xornada. Grazas a Adri Aguirre pola súa axuda.
Goles: Mateo 2, Martín 2, Nico.

Benxamín B 4 – 2 Santa Mariña D
Gran partido dos nenos que tiveron o control do xogo durante todo o partido agás os últimos 10 minutos do partido.
Adiantariamos no marcador cun gol de Mateo, para pouco despois Beltrán, que acaba de entrar desde o banco, no primeiro balón que tocou finalizaría de forma maxistral unha boa xogada que partía de saque de banda.
Pouco antes do descanso Roi marcaría o terceiro.
Xa na segunda parte Yoel nunha xogada na que arrancando da nosa propia área, subiría toda a banda dereita para chegado a altura do corner facer un pase de gol que marcaría un xogador do Santa o intentar cortar o pase, gol que os efectos morais hai que apuntarllo a Yoel.
O Santa nunha boa contra marcaría o primeiro e nunha indecisión en defensa o Santa marcaría o segundo a 5 minutos do final o que puxo algo nerviosos os nenos pero aguantaron de forma extraordinaria.
Hoxe destacar o gran partido de Yoel (algún dianteiro do Santa soñara con él).
A nivel de grupo destacar o gran traballo de tódolos xogadores que sendo un equipo integramente de primeiro ano e a falta de dúas xornadas xa teñen garantizado como mínimo o segundo posto, o que nós permitie soñar con clasificarnos para a segunda fase, tarea sumamente complicada pero que loitaremos mentras sexa posible.
Seguiremos traballando para o próximo.

Benxamín A 0-7 Racing Castrelos
Partido difícil ante o líder pero moito mellor do que amosa o resultado. O equipo comezou a defender moi ben, rexeitando as chegadas do equipo rival e apenas concediendo ocasións claras. Ata que no minuto 12 chegou o primeiro gol, dende un corner e a partir de ahí comezaron a chegar os demais goles, debido ao bo xogo amosado polo Castrelos. A pesar diso, o xogo e as sensacions foron moi diferentes ao da ida. A pesar de non marcar ningún gol e de que a vitoria do rival fora merecida, o equipo mereceu marcar polo menos un par de goles xa que o equipo tivo varias ocasións claras moi ben detidas polo porteiro rival e nada menos que tres tiros ao pau. A destacar que cun 2-0 en contra, un tiro dos nosos entró na portería, rebotou no pau de dentro e saíu disparada. O árbitro, inexplicablemente, dixo que o balon no entrou e que siguieran o partido. Un detalle que quedou en anécdota pero que, sinceramente, foi bastante triste. Orgulloso dos nenos e a seguir.

Xuvenís 4-1 Castrelos
Victoria dos xuvenís na tarde-noite do sábado. Dominio dos rapaces marcado pola salida de balón en corto mediante os centrais e o xogo combinativo durante todo o partido. Tras un planteamiento conservador na primeira parte, cun bloque medio cerrando espacios centrais, iríamonos 1-1 ao descanso, encaixando un gol no único tiro a porta do rival. Na segunda parte, e tras unha vez máis, unha gran reacción dos rapaces, sumada a unha moi boa presión alta e un xogo máis vertical, logararían marcar 3 goles nos primeiros 25 minutos para sentenciar o partido. Todos os partidos que quedan son decisivos, e estes tres puntos son vitais para seguir na loita. Noraboa aos xogadores polo esforzo e o bo xogo, a seguir!
Goles: Álex, Antón Castro, Gómez e Alejandro.

Prebenxamíns 2-3 Racing Castrelos
Partido totalmente contrario có de ida, pero idéntico nos goles.
Empezaría a primeira parte e encaixaríamos o primer gol aos 5 minutos de xogo, pero apartir de ahí o balón xogaríase no campo de Castrelos, tendo o balón preto da portería rival pero só tiraríamos unha vez a portería que foi o gol, 5 minutos antes do descanso.
A segunda parte sería igual que a primeira pero con más chegadas e roubando o balón dentro da área rival, pero só conseguimos transformar un de eses roubos, a partir de ahí o equipo seguía coa mesma actitude, pero parecía desde fora cun pequeno medo extra de perder o partido, e xa non estaríamos tanto no campo rival, aún así eles tampouco chegaron ata que, a falta de 5 minutos conseguiron marcar nun pequeno barullo dentro da nosa área. Finalmente, cometeríamos un penalti que acabaría condenandonos e poñendo o 2-3 no marcador.
Contento coa melloría do equipo, que no partido de hoxe viuse un equipo de verdade, axudandose, empezando a combinar un pouco, ir en bloque ao ataque e facendo bos despexes(a maioría. Tamén sobresaltar a actuación de Thiago que estivo moi atento na defensa e interceptando case todo.
Goles: André e Iván.

Alevín A 2-9 Matamá
Os nenos comezaron moi metidos no partido, robando o balón en campo propio e xogando moi ben á contra polas bandas. Aos 15 minutos do comezo estabamos 2-0 a favor. A partir dese momento, o Matamá combinou y finalizou con maior efectividade e chegamos ao descanso con 2-3 en contra.
Na segunda metade quedamos sen cambios por una serie de golpes que sufriron algúns dos rapaces. Os nenos comezaban a estar cansos e lles costaba finalizar as ocasions que conseguían crear. Aínda así moi contento pola actuación dos nenos, mención especial para Martín, que ocupou a posición de porteiro na segunda metade e o fixo moi ben!

Alevin B 5-2 Rápido de Bouzas D
Muy buen partido de nuestros chicos que dominaron todo el partido y siempre fuimos por delante en el marcador. Llegamos al descanso con 3-0.
En la segunda mitad los chicos se relajan un poco y también fruto del cansancio hizo que el otro equipo nos metiera 2 goles al contraataque, por su parte nosotros meteríamos 2 más para poner el definitivo 5-2 en el marcador.
Todos los goles fueron de Papu.

Deja un comentario