¡SENTIMENTO VERDE!

Xornada do fin de semana do 23 de novembro (2019-20) Resultado e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

Consulta a crónica a continuación.

 

CRÓNICA DA XORNADA

Candean 5 – Benxamín B 3 :

Partido moi igualado e ao límite permitido polo colexiado. Mereciamos máis, mínimo o empate (influíu demasiado no resultado a pasividade do árbitro). Moi bo traballo dos peques, empezamos a pillar dinámica e a competir.

Alevines B 6- Coya 0: 

Bo partido dos rapaces e moi importante o deixar a portería a 0. Empezamos os primeiros 10 minutos un pouco floxos pero ao chegar o primeiro gol, o equipo empezou a mellorar mediante ía transcorrendo o partido. Na segunda parte mellorouse a nivel defensivo e ofensivo e conseguiuse unha vitoria importante. Seguimos sumando e mellorando. Goles: Leo (3), Xavi, Jorge e Brais

Alevines 11- Coya 0:

Por fin os rapazes teñen o premio que estaban merecendo. Moi bo partido froito dunha moi boa actitude nos adestramentos da semana. Os goles son de Pedro (3), Anxo (3), Adri, Hugo, Samu e Angel.

Apóstolo 3 – Xuveniles A 2:

Merecida derrota ante un rival da zona baixa que loitou e se baleirou dende o minuto 1.

Areas Alcabre 2 – Infantís 0:

Bo partido por parte dos mozos. Conseguimos ter as nosas oportunidades pero o balón non quixo entrar. Os goles encaixados foron o primeiro por un roubo de balón no medio do campo e o segundo por un disparo desde longa distancia. Contentos polo cambio de actitude dos mozos e continuaremos traballando para seguir progresando.

Xuvenil b 2- nieto 2:

Bo partido pola nosa parte ante un equipo si non todo de 3° ano case todo, moi fisico e bo equipo. Empezamos gañando no primeiro minuto, iso tampouco nos axudo moito por que confiámonos un pouco pero ainda así chegamos ao descanso  1 – 0. No segundo tempo, por fisico remontáronnos o partido pero como a semana pasada nun disparo desde medio campo lle empatamos o partido. Logo tivemos un gran susto por parte dun xogador noso e por mor diso puidémolo perder. Grazas a deus todo quedou nun gran susto. Sempre confiamos neste equipo e sabíamos que os resultados chegarían. Agora a traballar e pensar no próximo.

Arealonga 0 – Balaidos CF FS Feminino 0:

Liga Local Galicia. Partido contra un equipo floxo pero que se defendeu ben. Non atopamos a fluidez necesaria e nin con 3 dobres penaltys a favor conseguimos gol. Empate que sabe a pouco, pero que nos vale para continuar líderes.

Cadetes 1 Independentes “B” 4:

Partido moi traballdo onde a diferenza de tamaño e técnica individual dalgúns dos rivais marcou a diferenza. Aínda así cremos que o traballo realizado é moi bo porque se loitou e competiu contra un dos equipos na parte superior da táboa. Como pero seguir traballando o físico que desde o minuto 10 da segunda parte nos penaliza e moito. A seguir …

Balaidos Feminino 3 – Gondomar feminino 0:

Partido condicionado polas dimensións do campo, e polas condicións climatolóxicas, o partido foi disputado contra un equipo da zona alta, onde o equipo tirou de casta e levamos os tres puntos.

Balaidos: Vincios 1-3 Aficionado:

Partido no cal non se pasou apuros. O campo en moi mala condicions.  Pero con moito traballo se sumou os puntos. 3 mais e a seguir traballando.

Balaidos CF 8 – Arealonga FS 1 Feminino:

Liga Provincial Galicia. Partido moi completo das nosas rapazas que levaron sempre o peso de encontro. Ainda así, a primeira parte resultou parella, debido a falta de puntería das nosas que se marcharían aos vestiarios cun 2-1 a favor.

Na segunda metade as nosas sairon a por todas e conseguiron 2 goles que poñian o encontro en clara vantaxe. As visitantes arriscaron demasiado con porteira-xogadora, un agasallo para o noso equipo que matou o encontro con 4 goles mais.

Con esta victoria o equipo se coloca no segundo posto, a un punto do líder.

 

Deja un comentario