Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Benxamíns A 9-2 Nieto
Hoxe antes do partido tiñamos a vista de Beltrán que viña vernos e decirnos que a partir do mércores xa pode volver a adestrar, o cal é a mellor nova do día, recuperar un dos nosos sempre estará por riba de calquera resultado deportivo.
Os nosos benxas alentados pola presenza de Beltrán quixeron saír a por todas para poder dedicarlles os goles e tentar dedicarlle a victoria o seu amigo e compañeiro de equipo.
Os benxas fixeron unha primeira parte impresionante na que dominaron o xogo de forma que soamente ocurría no campo o que eles querían. Presión alta con moita intensidade e boas transicións ofensivas nas que os nosos xogadores de banda abrían o campo para recibir balóns e ben se asociaban con outros compañeiros ou chegaban ata zonas de perigo para centrar e que rematasen os compañeiros que entraban desde atrás, os cales estaban moi atinados na definición. Mateo, André, Unai e Hugo ían marcando goles para chegar o descanso cun claro 6-0.
O xogo decaeu un pouco na segunda parte pero os nosos seguiron loitando e traballando. Destacar a Andrés, o noso porteiro, que fixo dúas paradas espectaculares en sendos man a man cos dianteiros do Nieto. No primeiro gol do Nieto lesionouse Andrés nun golpe fortuíto con Javi, tendo que ser sustituido e ocupando Xoel o seu posto.
Hoxe toca volver destacar esa primeira parte dos nosos na que fixeron que o fútbol se vise como muy fácil e como dicía Johan Cruyff, xogar un fútbol fácil é o máis difícil.
Seguiremos traballando coa ilusión de poder manternos nos postos nobres da clasificación neste grupo de ascenso, pero sendo conscientes de que traballo e máis traballo, é a única forma de poder conseguilo.
Alevíns B 3-0 Cristo da Victoria
Partido moi completo dos rapaces, tanto en ataque como en defensa. O partido empezaria moi igualado onde se xogaria moito no medio campo e apenas habria ocasións xa que as defensas de ambos equipos estarian moi ben. No minuto 15, nunha boa recuperacion en campo contrario, Pablo marcaria o 1-0 tras un gran disparo desde fóra do area. O vitoria terminaria a primeira parte con algúns ataques perigosos que rexeitou moi ben a nosa defensa, impedindo que o noso porteiro tivese que intervir. Ao descanso fomos 1-0 e en vez de baixar o ritmo o equipo saiu ao campo na segunda parte moitisimo mais enchufado e ahi chegaron as nosas ocasións mais claras. O 2-0 o marcaria David ( conseguindo o seu primeiro gol no Balaidos) tras un gran cabezazo propio dun dianteiro centro. O equipo rival empezaria a presionar mais pero soubemos saír ben da presion e aproveitar os espazos que deixaba o rival atras. E asi chego o 3-0. Bruno marcaria un autentico golazo. Zurdazo directo á escuadra contraria. Nos ultimos minutos tivemos varias ocasións mais que non puidemos aproveitar. Destacar sobre todo o ben que defendemos os balóns parados , algo que nos adoita custar moito, e a concentracion durante todo o partido. 3 puntos importantes que nos permiten seguir na pelexa polo primeiro posto. Estes rapaces son uns autenticos campións.
Goles: Pablo, David e Bruno
Prebenxamíns A 2-0 Mos B
Partido muy igualado hasta el pitido final. Los nuestros se adelantaron por un fallo del rival en su área que Izam aprovechó inteligentemente, para ir así 1-0 al descanso. En la segunda parte el equipo presionó arriba para meter otro rápido, ya que el rival tenía oportunidades constantemente y podría poner el empate. Pero Izam en una jugada individual marcó el segundo. Destacar la buena actuación de Izam y todo el esfuerzo que tuvieron que hacer los niños para poder llevarnos la victoria.
Goles: Izam x2
Alevín A 6-1 Candean
De mais a menos durante todo o encontro os rapaces no día de hoxe. A primeira parte estivo controlada polo noso bando de principio a fin, con dominio de balón e chegadas constantes á área rival. Chegamos ao descanso cun 5-0 a favor.
A segunda estivo moito mais igualada e notabase nos nenos certo conformismo co resultado. Mais imprecisión coa pelota e transicions menos intensas (así chego o gol do Candean).
Moitas cousas positivas pero tamén outras que mellorar. A seguir!
Goles: Enzo, Yeabsi, Adriana, Alex, David e Mateo
Xuvenil 2-1 Chapela
3 puntos moi sufridos hoxe no Federativo de Coia. Boa primeira parte do equipo que tivo o control de balón e mostrouse moi serio e contundente ante o xogo directo do rival. Os goles no minuto 5 e 43 poñían o 2-0 ao descanso. Na segunda parte o partido cambiou radicalmente, xa que os rapaces entregaron o balón ao Chapela, defendendo demasiado atrás e sen atreverse a xogar o balón como fixeran con moito acerto na primeira parte. Así, pasaron 45 minutos de continuo sufrimento, sen encadear case pases e chegando só unha vez ao área contraria. Segunda victoria consecutiva que non debe servir para conformarse, xa que queda moito por mellorar e loitar, sobre todo nas segundas partes.
Goles: Fredo e Gómez.
Benxamín B 2-2 C.C.D. CHAIN
Primeiro punto conseguido nesta tempada, no que puidemos tamén contar con casi toda la plantilla.
Moi boa actitude dos rapaces que loitaron todo o partido.
Comezamos perdendo cun 2-0 na primeira parte ata a metade da segunda, no que nun gol de Alan metíanos no partido. Xa case o rematar marcábamos o segundo do pé de Iván cunha boa xogada en equipo, conseguindo así rematar o partido cun empate.
Pese a que estamos moi contentas co resultado, houbo cousiñas básicas que non conseguimos facer, e que debemos seguir facendo incapé nelo.
Aficionados 1 – Sampayo 2
Derrota bastante injusta de nuestros chicos en la tarde de ayer.
Los nuestros dominaron la primera parte y tuvieron llegada, aunque las ocasiones no eran demasiado claras. Un par de jugadas en las que falló el remate final y un tiro al palo fueron lo más destacado. El rival tuvo su oportunidad en una falta bien atajada por David.
Tras el descanso, el equipo salió con ganas y pronto tendría una doble ocasión clarísima que no se pudo concretar. Poco después llegó el momento clave del partido, con un zarpazo desde 25 metros que se colaba por la escuadra y un penalty que ponía el partido muy cuesta arriba.
El equipo tiró de coraje llegando al área contraria en avalancha. Fruto de ello llegaría el gol de Edu que recortaba distancias. Poco después, un tiro a la escuadra y otro al larguero pudieron poner el empate, pero no quisieron entrar. La última ocasión sería para Anxo, pero a veces el fútbol no entiende de justicia.
Semana de descanso antes de afrontar las 3 últimas jornadas que decidirán nuestro puesto final antes del play off.
Cadetes 0 – 4 Atl. Matamá “B”
Partido onde notouse que o noso equipo está mermado pola moral, despois dunha racha moi mala, fixemos unha primeira parte moi pobre, con algo de intensidad e con pouco carácter, así encaixaríamos 3 dos 4 goles.
Na segunda parte optaríamos a cambiar de sistema, e notouse mais intesidade e traballo nos nosos, pero a mala dinámica fai das súas e erramos en detalles, como 3 mans a mans co porteiro. Ademáis de en moitas situacións ser floxos en defensa.
Despois do partido comuniquei aos xogadores que o obxectivo dos últimos 3 partidos era pelear en todos os partidos ata o final, creo que poden facelo e espero ese pequeno cambio de eles.
Infantil 2-2 Alertanavia B
Bo partido do equipo infantil, que inexplicablemente só lévase un punto. Dominio absoluto do xogo, xogando gran parte dos minutos en campo contrario e rematando continuamente a porta. Só dous goles a favor debido a precipitación dos nosos, que disparaban dende moi lonxe en lugar de tratar de combinar, e tamén pola gran actuación do porteiro rival, parando todos os tiros que lle fixeron (só conseguimos superalo tras un rexeite e dende o punto de penalti). Os goles do rival veñen dun regalo da nosa defensa en saída de balón e nun gol de rebote no último minuto, cando os nenos non souberon manexar os nervios e perderon o dominio do partido os últimos 5 minutos. Unha lástima que se escape esta victoria, xa que tanto a presión como o xogo con balón foron moi bos, sobre todo na segunda parte.
Goles: Isma e Joel.
EF Rosalia 10-0 Femenino
Dominio do equipo local do principio o fin no que as nosas rapazas deron todo e fixeron todo o que puideron.
Ter en conta que o equipo local e un aspirante o ascenso e que ten xogadoras que van a selección, por a contra nos chegamos con moitas baixas e a maioría das nosas xogadoras empezaron a xogar esta tempada, incluso esta xornada han debutado Diana e Jazmin que era o seu primeiro partido.
Agradecer a todas as xogadoras que foron o seu esforzo e compromiso e o Rosalía o seu trato e o agasallo que nos deron.