Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Arenas de Alcabre 0 – 4 Alevín
Partido de dúas metades moi diferenciadas. Na primeira, a pesares de ter algunha ocasión e controlar o partido, non logramos chegar con moita claridade á meta rival, en especial pola diferenza de corpo e altura entre ambos equipos, que fixo difícil gañar os duelos individuais. Na segunda, sen embargo, aproveitamos a nosa maior velocidade e explotamos os ocos trala súa liña defensiva, moi adiantada; e así chegaron moitas más ocasións claras e os 4 goles. O máis importante, unha vez máis, a seriedade defensiva e constantes axudas para manter a portería a cero cando era necesario, até que chegaron os nosos goles.
Coruxo C 2-0 Infantil
Derrota hoxe nun partido no que os xogadores competiron pero no cal unha mala primeira parte , na que saímos moi froxos en intensidade concedendo ocasións evitables, nos fixo ir o descanso cun 2-0 no marcador. Na segunda melloramos o xogo pero non fomos capaces de conseguir batir o porteiro rival que hoxe fixo un bo partido. Agradecer o Coruxo o bo trato que nos deron.
Deste partido nos apuntamos os adestradores como algo moi importante traballar, a frustración en partidos competidos nos que non conseguimos gañar. Os xogadores xestionan mal a derrota, entrando en piques e protestas innecesarias que o único que fan e que lles amosen tarxetas que se deberían evitar, apuntámosnos estas tarea en maiúsculas, xa que nesta idade consideramos importantísimo traballar a frustración coma unha parte máis do aprendizaxe.
Seguiremos traballando para mellorar.