Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Ponteareas 11-1 Infantil
Hoxe non xogaron os infantís un bo partido ante un dos candidatos o ascenso. Chegamos con moitas baixas e durante o partido tivemos ata 6 xogadores lesionados. O rival castigou con dous goles os nosos primeiros fallos defensivos, o non estar encima do rival e darlle tempo a decidir, nos primeiros minutos e faría que no descanso chegasemos 4-0 pero con mellores sensacións que o resultado. Na segunda parte volveron marcarnos dous goles nada máis comezar e aínda que marcamos un o partido acabouse, o equipo deixóuse ir e o rival foi marcando máis goles ata o resultado final.
Mal día o de hoxe no que as baixas e lesións non poden servir de excusa. Toca traballar máis e mellor para o vindeiro partido.
Alertanavia B 4 – 2 Cadete
Rápido Pereiró C 4 – 0 Alevín
Comezamos o partido recibindo un gol por pura falta de concentración, e esa terminou sendo a tónica de todo o partido. Na primeira metade houbo unha boa reacción tralo gol, no que apretamos e conseguimos bastantes ocasións de empatar sen sorte, pero na segunda o equipo baixou moito o nivel, encaixando os restantes tres goles e sen conseguir crear apenas perigo, nun partido con mala sorte pero tamén pouco esforzo dos nosos.
Villar 2 – 0 Balaidos aficionado
Mal partido de los nuestros. Sin opciones ante el rival. El campo influye pero para los dos. Hay que dar mucho más en el campo y competir siempre, ese es el camino. Seguimos trabajando