Xornada do fin de semana do 18 de xaneiro (2019-20) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA DA XORNADA

C. Hogar 2-1 Prebenxamín
Comezamos gañando os poucos minutos cun gol de Lucas que sería igualado antes do descanso tras un dudosos e inseguros despexes. A primeira parte atacaron eles e na segunda tocounos a nós , múltiples oportunidades nun partido moi disputado que decidiuse nos últimos 5 minutos cunha contra do C. Hogar. Hoxe a balanza non caeu do lado dos prebenxamins que competiron ben frente un rival do seu mesmo nivel.

Alevíns A 2-2 CD Nieto
Partido moi igualado no que tivemos o peso dos xogo durante todo o partido. O equipo rival plantouse no seu campo e costounos elaborar as nosas ocasións. Chegaria na primeira parte o primeiro gol logo dunha moi boa presión e un moi bo disparo desde lonxe de Samu. Na segunda parte tras dous errores na salida e ante o rival cunha presión alta encaixamos os dous goles prácticamente seguidos. Para alegría dos nenos, Antón lograría un golazo a balón parado dende mediocampo prácticamente. Agradecer primeiro, o esforzo aos nenos nun partido moi duro e con numerosos choques e golpes e segundo, o apoio dos pais.

San miguel 4 – Xuvenil b 0
Partido marcado polas 5 baixas te tiñamos de xogadores importantes de no ser asi outro galo cantaria.faltounos claridade en ataque cando solemos ser un equipo que senera moitas ocasion durante os partido.chegamos o descanso cun 2-0 anbos goles de rechace.na segunda intentamos mellorar na presion alta para intentar robar mais cerca da sua area e poder meternos no encontro.non puido ser x q o colexiado pitounos 2 penas maximas inexistentes e cortounos a reaccion.logo ainda tibo tempo para expulsarnos a un xogador.o mellor de todo a entrega dos chavales q non teño nada q recrimiñarlles.era un a praza dificil.agora a pensar no proximo rival.un saudo e hala balaido

Castrelos 2 – Xuvenil A 2
Tropezón dos gordos na tarde de hoxe fronte o penúltimo clasificado.
Tras uns primeiros 20 minutos de dominio e alguha ocasion, contaxiamonos do rival e deixamos de xogar o fútbol. Froito de esos desvaraxustes chegaria o polémico gol do rival con noso porteiro no chan 10 segundos e a xogada continuando…
Na segunda parte daríamos a volta o resultado pero na única ocasión do rival na segunda métade chegaria o gol do empate…tras varias ocasions erradas o equipo perde dous puntos importantisimos que custara recuperar…
Agradecer o comportamente do adestrador rival que quiso que o seu equipo se deixaxe marcar un gol debido a xogada do porteiro pero os seus xogadores negaronllo.

Benxamíns 4 – Porriňo 0
Bo partido por parte dos rapaces dominando durante todo o encontro.

Castrelos B 1-3 Infantiles
A pesar de gañar, non foi o noso mellor partido. Temos que seguir mellorando e en partidos contra rivais igualados, debemos ser máis constantes no traballo. O máis positivo é o resultado e a ledicia que se levaron os rapaces.

Cadetes 2 – 7 Chapela
Partido desigual entre un dos primeiros clasificados e un dos últimos onde lles plantamos cara ata o descanso. O resultado pasa a segundo plano cando hai tanto esforzo detrás. Seguimos…

Balaidos10 – Cambados 1
Partido doado que nos valeu para para ver outras situacións de xogo.

Fútbol Sala Femenino Liga Local Galicia. Leis Pontevedra 1 – Balaidos CF 0
Partido moi disputado con ocasións para ambos equipos. Chegouse ao descanso con empate a 0. Na segunda parte as nosas, con bastantes baixas, acusaron o cansancio e ainda que tiveron un tiro ó longueiro e varias chegadas, un gol en propia porta decantou o encontro a prol do Leis.

Fútbol Sala Femenino. Liga Provincial Galicia. Balaidos CF 7 – ADFS Bueu 3
Partido digno dunha película de comedia, xa que na primeira parte as nosas, a pesar de levar o peso do partido e de ter innumerables ocasións, recibiron dous goles nun corner e nunha contra.
Na segunda parte custou meter o primero que chegaria na metade do segundo tempo, pero a partir de ahí, as nosas foron un vendaval, e conseguiron 7 goles en 10 minutos para matar un partido complicado.
Goles: Mayra 4, Chaga, Mar e Jenny.

Benxamín B 2 – Matamá 4
Comezamos fora do partido conseguindo igualar o marcador 2-2 ao comezo da segunda parte. Unha equivocación desafortunada do árbitro fixo que un gol subira ao marcador sin entrar na portrería. De estar dominando e metidos no partido, saímonos totalmente chegando o cuarto gol do rival. A seguir traballando e mellorando.

Deja un comentario