Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
CRONICA DA XORNADA
Cadetes 1 – 6 C.D. Nieto
Partido que comezaría de xeito moi activo, dispoñendo do primeiro gol que sería anulado por fóra de xogo. Ben situados e dispoñendo de ocasións á contra recibiriamos varios goles que nos farían chegar ao descanso cunha desventaja de 4 goles. Falamos e intentamos descubrir onde poder cambiar cousas entre todos, para así intentar gozar do partido. Unha segunda parte moito máis disputada que finalizaría cun dous un parcial. Resultado final que deixa sabor agridulce. A seguir na loita.
Gol: Dani G
Prebenxamin 1-10 A.Matamá
Partido marcado pola calidade dos rivais, aunque a pesar diso, moitos dos goles foron pola intención dos nosos de sacar o balón xogado,cousa estou contento porque saiu a intención deles mesmos.
Tamen comentar a solaridade defensiva ata os minutos finais onde os nenos, xa cansos, deixaronse levar.
Contento de ver evolución no grupo, de que se entendan mellor e intenten cosas novas como pases entre eles, golpeos de balón e atreverse con conduccións.
O gol dos nosos foi similar ao da xornada pasada, cunha moi boa conducción de André que finalizou el mesmo.Chegamos pouco á área rival.
Hay que seguir traballando.
Gol:André
Benxamín B 12 – 2 Peñasco
Moi bo partido dos rapaces que aínda que empezarían o partido con erros de colocación e algo adormilados durante os dous primeiros minutos axiña espertaron e nas seguintes 3 xogadas marcaron 3 goles. Mateo abriría o marcador o recibir un balón dentro da área pequena, na seguinte xogada Unai iría buscar un balón o vértice da área para encarar o porteiro e marcar cunha boa definición. Na seguinte xogada tras unha boa acción ofensiva, Mateo volvería marcar aproveitando unha excelente colocación na área, o q nos facía chegar ó minuto 5 co partido encarrilado.
Vince marcaría a continuación finalizando unha boa xogada e Mateo cun bo remate pola escuadra e unha boa conducción e gran definición deixaría o partido sentenciado na mitade da primeira parte cun claro 6-0.
Os últimos minutos da primeira parte voltaria marcar Mateo por partida doble e Yoel nunha xogada na que tras subir toda a banda dereita desde campo propio encargaríase de definir maxistralmente poñendo o 9-0 co que se chegou o descanso.
No descanso condicionouse os xogadores para frear un resultado moi abultado para unha categoría de fútbol base de acordo o ideario do club e aproveitouse para probar xogadores en posicións diferentes das habituais con resultados satisfactorios. Os primeiros minutos da segunda parte foron para o Peñasco que en dúas xogadas consecutivas marcou dous goles. Mateo marcaría dous goles máis en dúas boas carreiras (esperamos q non gastase toda a pólvora neste partido deixando algo para os vindeiros) e Unai pecharia o resultado cun bonito gol desde fóra da área na derradeira xogado do encontro.
Mención a tódolos xogadores xa que sen o seu traballo e esforzo o resto non marcaría goles.
Mención especial para Beltrán que está a demostrar moi boas actitudes coma porteiro aínda que non sexa a súa posición habitual.
Benjamin A 0-5 Coya
Partido onde os nenos fixeron o que puideron, pero nós non tivemos cambios, e iso notouse no desenvolvemento do partido e no resultadl final. Na primeira parte, os nenos loitaron ata que pouco a pouco iban a quedarse sen gasolina. Ao descanso íamos 0-2. Na segunda parte comezamos como na primeira. Con intensidade e loita, pero ao recibir o tercer gol comezamos a acusar o cansancio e o equipo rival aproveitou os últimos 5 minutos para marcar 2 goles cando estábamos todos lanzados ao ataque para poder marcar un gol. Parabens aos 8 nenos que foron hoxe e fixeron o que puideron.
Alevins 5-5 Teis
Partido no que os nenos trataron de levar a iniciativa e ter o control do balón, pero algúns erros de saída e desorganizacións en defensa igualaron o resultado final.
O encontro estivo moi entretido ata o final, con ocasións que chegaron por parte dos dous equipos. A pesar de que os nosos rapaces contaron coas mais claras a través de bos enlaces en ataque, o equipo rival logrou coller aos nenos por sorpresa en un par de contragolpes e aproveitar un erro noso en saída de balón para anotar tres goles.
Chegamos aos últimos 5 minutos cunha vantaxe de 5-3 a favor dos rapaces, cando os rivais lograron anotar dous tantos e igualar o resultado final para deixar un pequeno sabor amargo. A pesar diso, todos sairon contentos e satisfeitos por como foi o encontro.
Bueu 10-2 Femenino
Partido en el cual acusamos mucho las bajas y la falta de experiencia.
Tenemos que seguir mejorando.
Goles de Ari x2
Infantiles 5-8 Independiente B
A primeira parte comezaba marcada polo baixo ritmo competitivo do equipo, que xogaba o seu segundo partido dende setembro. A salida de balón non foi do todo boa nesta metade, concedendo así tres goles en erros puntuais. O resultado ao descanso foi de 4 a 1. Na segunda parte, o equipo seguía con boa actitude, e a salida de balón comezou a ser cada vez máis fluida. Chegamos á portería rival en numerosas ocasións, e os nosos dianteiros cada vez compartían máis o balón no úlitmo terzo do campo, o que fixo que os ánimos e intensidade foran en aumento co paso dos minutos. O dominio do xogo na segunda metade levounos a marcar catro goles. A pesar de todos os esforzos defensivos, a superioridade física do dianteiro rival foi decisiva nos seus contraataques, e nos fixo encaixar catro goles máis. Destacar o esforzo de todos, a regularidade nos entrenamientos dá resultados, seguiremos mellorando xornada a xornada. Grazas aos alevíns pola súa actitude, sempre dispostos a botar unha man.
Goles: Martín x3, Mateo e Pedro.
Alevin B 3-2 CD Nieto
Partido muy disputado de ambos conjuntos en el que los nuestros generaron más ocasiones y jugaron mejor que el rival.
Poquito a poco vamos mejorando y jugando cada vez mejor.
Goles de Sebas y Papu x2
Xuvenís 4 – Teis 2
O partido comezou do peor xeito posible xa que aos 10 minutos o equipo perdía 0-2 debido a dous gravísimos erros defensivos (penalti incluído) e puido ser peor xa que os visitantes erraron un clarísimo man a man diante do noso porteiro… o equipo en ningún momento se sentiu cómodo no terreo de xogo a pesar de que o Teis non se volveu a asomar pola nosa área.
Trala introducción de 3 cambios no entretempo e o cambio de esquema as cousas cambiaron radicalmente xa que o equipo fíxose co control do esférico e do partido conseguindo así remontar un partido que por xogo e ocasións mereceu en todo momento.
Temos que seguir traballando para evitar eses baixóns de xogo que tanto nos penalizan.
Goleadores: 3 Álex e 1 Alejandro.