Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Montecastelo 3-0 Cadetes
Partido con dúas caras. Gran primeira parte do equipo, contundentes e con boas saídas por banda cos dous dianteiros, aínda que faltou a calidade no último pase para acabar as xogadas con máis perigo. Na segunda parte, os erros atrás comezaron a ser constantes e o equipo non puido saír do seu campo nos 40 minutos. Malas marcaxes, malos despexes e peores decisións que, acompañados ao diminuto campo, permitiron ao rival rematar demasiadas veces a porta. Queda moito traballo por diante nun equipo repleto de xogadores de primeiro ano, así que o marxe de mellora é moito. Por último e non menos importante, desexar que a lesión de Antón sexa o menos grave posible, todo o noso apoio dende aquí 💚⚽
San Miguel 2 – 8 Alevín A
Primeiro partido da tempada tamén para os alevíns, no que tódolos rapaces tiveron unha cantidade similar de minutos e moitos probaron distintas posicións.
Moitos detalles de nivel da plantilla, individual e colectivamente, deixaron os oito goles a favor, e dous desconcentracións defensivas iguais en dous córners significaron os dous goles en contra.
Partido no que o resultado non é importante pero sí unhas boas primeiras sensacións e no que todos eles desfrutaron.
San Miguel 8-3 Benxamín
Primeiro partido dos benxas desta tempada no que o menos importante é o resultado. Moitos nenos xogaban hoxe por primeira vez un partido. Equipo con moito traballo por diante.
O final a pesar do resultado tódolos nenos saíron contentos e con ganas de volver o seguinte partido.
Xuvenil 5 – C.Hogar B 2
Merecida victoria dos nosos que foron superiores en todo momento pero que non foron capaces de sentenciar o partido ata os últimos minutos. O equipo mostrouse moi erróneo de cara a porta xa que a pesar de meter 5 goles chegou a errar mais dunha ducia de claras ocasions, pola contra os rivais con moi poco conseguiron dous goles de tres intentos….
O equipo a pesar de ter moitisima xente nova pouco a pouco vai collendo forma.
Goleadores: Somoza (3), Raúl (1) e Nuga (1).
Balaidos senior 2- Rapido de Bouzas 0
Partido muy disputado muy cerrados atrás, muchas ocasiones del rápido que mereció más y nos anularon el tercero en un fuera de juego que no fue
Santa Mariña C 3-2 Infantil
Debut dos infantís en liga con sabor agridoce.
Comenzamos o partido xogando ben e no minuto 11 do partido Samu marcaría o primeiro aproveitando unha mala coordinación entre o porteiro e central rival a hora de despexar. Dous minutos máis tarde Samu provocaría un penalti no que o porteiro o intentar quitarlle o balón da cabeza na área a Samu impactaría no faciana do noso xogador. Alexander poñía os nosos 0-2 no primeiro cuarto de hora.
A partir de ahí pecamos de ser moi blandos nalgunhas accións do partido e de saír xogando en curto, cando tocaba saír en largo aproveitando a ventaxa no marcador e a ansiedad do rival e o Santa Mariña marcaría dous goles en dous minutos empatando o partido.
Na segunda parte os nosos porteiros fixeron unhas boas paradas salvando varios mans a mans. O Santa Mariña marcaría o definitivo 3-2 dunha falta indirecta o borde da área a falta de 8 minutos. Os nosos non se viñeron abaixo e competiron ata o final tendo varias ocasións para nos últimos minutos igualar ou gañar o partido.
Marchamos contentos cos rapaces que competiron todo o partido e con moitas cousas claras a traballar.
Esto acaba de comezar, seguiremos traballando.