Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.
CRONICA DA XORNADA
Benxamín A 4-1 Pereiró
Gran vitoria dos nenos no partido disputado esta mañá en Coia con dúas partes moi diferentes. Na primeira parte, os dous equipos comezamos a defender moi Ben e concediendo poucas ocasions. Os defensas impuxéronse moi ben aos dianteiros e os porteiros apenas tiveron que intervir. Pero a falta de 5 minutos para o descanso, un desaxuste en defensa nun contraataque ía permitir ó Pereiró adiantarse no marcador. Ao descanso íamos perder 0-1. Aproveitamos moi ben o descanso para corrixir cousas e respirar un pouco despois do gran esforzo dos nenos. A segunda parte estivo totalmente dominada por nós. Comezamos a presionar moi arriba e así foi como chegou o primeiro gol, obra de Pablo despois dun roubo na área rival. 3 minutos despois, tras un gran contraataque realizado por 3 xogadores, chegaria o segundo gol, de novo de Pablo tras un bo pase de Bruno. O 3-1 chegaria tras un gran disparo cruzado de Cristian Daniel, que anotaria o seu primeiro gol no equipo. E o 4-1 o marcaría de novo Pablo dende fora da área para completar o seu hat-trick. Gran reacción do equipo na segunda parte e 3 puntos máis que nos permiten seguir cunha boa dinámica. A seguir!!!
Goles: Pablo (3) y Cristian Daniel
Alevin B 2-3 Colegio Hogar B
Moi bo partido dos nosos xogadores que estando soamente 7 xogadores competiron do 1° o último minuto do encontro sendo mellores en todo momento.
Nos adiantariamos no marcador na 1° parte poñendonos 2-0, o primeiro gol seria en propia porta e o 2° gol seria obra de papu. Con este resultado chegariamos o descanso.
Na 2° metade seguimos dominando ata que no minuto 33 fanlle falta clarisima a papu, o árbitro non a pita e nos meterian gol; Papu seria lesionado e xogarimos con 6 xogadores durante un rato ata que Papu se recuperou.
Con 2- 1 no marcador nos seguiriamos atacando e tendo ocasións, as cales non chegabamos a finalizar polo cansancio dos rapaces.
No minuto 45 do partido chegaría o empate do Colegio Hogar e no último minuto do partido, un mal pase atrás entraría na nosa portería e marcariamos en propia e con 2-3 chegariamos o final.
Destacar o gran esforzo dos nosos rapaces e o ben que competiron.
Prebenxamin 1-7 Rápido de Bouzas “B”
Primeira parte que lles custaría aos prebenxamís meterse no partido, pero pronto comezaron a pelexar todos os balons e chegamos algunha que outra vez a súa área, pero a superioridade do rival permitiu chegar ao descanso 0-4.
A segunda foi mais igualada, tivemos 5 ocasións de facer gol pero entre un pouco de mala sorte, mala finalización e pouca comunicación entre eles no campo só acabaríamos marcando un gol coa única boa finalización. Mentres, o Rápido seguía chegando pero con moita mais dificultade grazas ao esforzo dos 9 xogadores para defender,aún así a superioridade acabouse notando e meteron 3 mais.
Contento con mellorías que vexo respecto ao partido de ida, pasito a pasito.
Gol: Ivan
Xuvenís 1 – Pereiró 2
Hoxe enfrontabamonos ao líder que se atopaba a tan só dous puntos.
Dende o principio os visitantes fixéronse co dominio do balón pero nun erro na saida fumos capaces de adiantarnos no marcador. Mediada a primeira parte no único tiro entre os tres paos e dende 25 metros empatariannos o partido.
Na segunda parte continuou o dominio do balón por parte dos visitantes que a pesar de ter a posesión eran incapaces de crear ocasións debido o grandísimo esforzo de todo o equipo. A falta de 15 minutos e no terceiro tiro dos rivais conseguirían darlle a volta ao marcador pero len lugar de virnos abaixo volcamonos sobre a portería rival pero entre as malas decisions arbitrais e a falta de acerto no conseguiriamos o ansiado empate.
Acabanse as oportunidades e temos que gañar todo o que falta, pero por actitude e interés é posible.
Goles: Alejandro.
Benxamín B 4 – 2 Gran Peña
Partido reñido dos que gustan o afeccionado e non tanto os adestradores, que decantouse do noso lado nos últimos 5 minutos ante un Gran Peña que realizou un grandisimo encontro.
Adiantarianse os visitantes dun gran lanzamento de falta desde a frontal da área no que a nosa barreira se abríu entrando o tiro polo medio da mesma. O equipo continuou loitando e antes do descanso Unai marcaría o gol do empate. Na segunda parte o Gran Peña volveu adiantarse no marcador nunha gran xogada do número 10 rival, na que regatou el so a maioría dos nosos xogadores para despois facer un pase de gol que o seu compañeiro non desaproveitou.
Mateo votaría poner as táboas no marcador e nos derradeiros minutos do partido Lucas marcaría cun bo disparo para poñernos por diante no marcador.
Nos últimos intres do partido Unai cun potente disparo desde fóra da área fixo retemblar o largueiro e Mateo moi atento recolleu o rexeite para mandalo o fondo da rede e sentenciar o partido. Bo partido dos rapaces que souperon repoñerese en dúas ocasións ante un resultado adverso para finalmente levarse a victoria.
Cadetes 3 – 2 E.D.V.M. Pereirò C.F. “B”
Partido de sábado tarde moi divertido no que ambos equipos puxeron do seu parte para gañar. Comezamos o encontro con moi boa actitude por parte de todos, loitando balóns divididos e compartindo esforzos. Defensa moi seria que malia ter ocasións en ambas porterias levo o partido 0-0 ao descanso. Cun descanso necesario que cargou as pilas e poquitos axustes, saímos a segunda parte coa mesma actitude pero cometendo un penalti, transformado e que nos poñería por baixo. Lonxe de baixar os brazos, como en moitas outras ocasións, seguimos coa idea clara de defender, roubar e saír con moitos arriba. Genialidades dos nosos dianteiros e remontamos ata poñernos 3-1. Seguimos sufrindo e defendendo balóns ata o final onde Agus evitou un empate cantado cunha magnífica estirada. En resumo, moi grandes estes mozos que atoparon a súa fortaleza (unión). Seguimos…
Goles: Dani G, Loito e Dani D.
Marín 1-3 Femenino
Bo partido das rapazas no campo do Marín no que seríamos mellores.
Empezarimos gañando cun gol de vaselina de Ari no minuto 11 do partido. Seguiriamos atacando e no minuto 19 do encontro, nun corner a favor votado por Irene marcaría Laisha. Con 0-2 nos iriamos o descanso.
Na volta do descanso seguiriamos igual e no minuto 58 do partido, saque de porta a favor nosa e Nuria asistirá a Ari que poría o 0-3 no marcador cun disparo cruzado.
Seguiriamos igual e no minuto 66 do encontro o Marín marcaría de penalti.
Con 1-3 chegariamos o final no encontro e nos levariamos os 3 puntos de Marín.
Alevins A 1-6 Rápido de Bouzas C
Encontro moi disputado polos rapaces ante o líder do grupo na primeira parte, en especial nos primeiros 15 minutos, cando os nenos xogaron a maior parte do tempo en campo contrario.
Ao descanso o resultado era de 1-1, grazas a colaboración e actitude dos nenos e as paradas, coma sempre, de Enzo.
Na segunda metade o partido puxose moi de cara ao equipo rival, que creou mais ocasións e acabou gañando o partido. Gustariame darlles a noraboa polo bo xogo e un moi bo comportamento.
Felicitar tamén aos rapaces polo partido e por non baixar a cabeza a pesar de ver que o encontro se lles escapaba das mans.
FUTBOL SALA
Poio 3 – Balaidos FC Cadete FS femenino 1
Partido muy disputado en el que las nuestras lograron ponerse por delante en el marcador e incluso nos anularon otro gol. Ya en la segunda parte en 10 minutos de desconexion, el equipo local nos marcó tres goles seguidos. De todas formas volvimos a centrarnos consiguiendo volver a hacer ocasiones, pero no logramos materializarlas.
Mucho ánimo a nuestras guerreras, ya que a pesar del resultado han jugado un buen partido.