Xornada do fin de semana do 13 de xuño (2020-21) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.


Ganomagoga,Balaidos –Carballiño F.S
Sabado 12 de Junio
Hora 16,00h
Pabellón Traviesas, Pista Vermella

Partido Suspendido
Ganomagoga,Balaidos F.S –Cidade das Burgas F.S
Domingo dia 13 de Junio
Hora 18,00 h
Pabellon Traviesas,Pista Vermella
Preferente Femenino Futbol-Sala Autonomico

 

CRÓNICA DA XORNADA

Peñasco 2-6 Infantís
Rematamos os partidos oficiais da mellor forma posible, cunha contundente victoria ante o líder do grupo. O partido foi dominado por completo polos nosos xogadores, que grazas a un cambio de esquema, xogando cos nosos dianteiros moi abertos nas bandas, atacaron con moita facilidade a espalda da defensa rival. Moi bo partido dos xogadores do mediocampo, que combinaron moi ben en corto entre eles durante todo o partido. Os dous goles encaixados son erros en saída de balón, risco que estamos dispostos a correr para seguir mellorando. Magníficas sensacións para rematar a tempada, como campións da segunda volta e con moitas ganas de descubrir ata donde pode chegar este equipo nos torneos de verán. Moitas grazas aos rapaces polo seu esforzo durante a liga e noraboa pola súa evolución!

Candean 4-1 Benja B
Resultado similar o da semana pasada pero sensacions moi distintas hoxe. Moitos pases e un xogo moi bo dos nosos que encontrouse cun Candean moi eficaz ofensivamente que fixo valer o ano máis de idade e gañar a liga neste derradeiro partido, quedando a segunda praza para nós.
Comezamos o partido moi ben tocando a pelota pero adiantariase o Candean cun bo gol, non tardaría en meter o segundo e o terceiro en situacions puntuais. Os nosos pasaron por unha etapa complicada do partido, non éramos capaces de baixar a pelota e xogar con combinacions. Pouco a pouco conseguimolo e nunha moi boa xogada combinativa sacando a pelota de saque de porta tivemos a recomensa cun gol de roi. Na segunda parte tivemos moitas opcions de acortar distancias pero a pelota non quiso entrar… O Candean marcou o carto e así quedou o resultado.
Quedámonos ca sensación de ter un equipo moi traballado entre mans, moi orgullosos da tempada deste equipo de primer ano enteiro que ainda ten posibilidades de meterse na fase de ascenso con todo equipos dun ano máis… Moito mérito.
Moitisimas cousas que traballar agora, coma sempre, o camiño está claro!!
Destacar por un lado a asistencia de Isaac hoxe e o partido de Roi e por outro a celebración conxunta dos dous equipos o rematar o partido. “Perdimos” a liga nos dous últimos partidos e velos sair cun sorriso enorme non ten prezo!!!!

A. D. Lavadores 7 – Alevín B 1
Partido moi competido dos rapaces que tocaron, crearon espazos e xeraron ocasions, sendo claramemte superiores no xogo durante todo o partido. O error foi que o balón non cruzou a liña da portería contraria nos case vinte tiros que fixemos ao longo do partido e o equipo contrario colleunos a contra pé nas ocasións que tiveron. Destacar o xogo do equipo e que en ningún momento deixou de intentar dar a volta ao marcador.
Gol: Papu

Cristo Victoria 0-1 Benxamín A
Gran victoria dos rapaces nun partido moi serio de todo o equipo. Desde o principio tiñamos a idea clara. Defender ben e a partir de ahí xerar ocasions, xa que en ataque o equipo sempre cumple e mediante combinacions rápidas e bos contrataques chegamos fácil arriba. E no aspecto defensivo foi o noso mellor partido. O noso porteiro apenas fixo un par de paradas e soubemos frear moi ben os ataques do rival. Na segunda parte, o partido volveuse máis tolo pero no minuto 40, Pablo ía marcar o único gol do partido cun gran disparo cruzado. Desta forma, quedamos terceiros no grupo con 18 puntos. Felicitar a todos os rapaces polo ben que o fixeron nesta liga, polo que melloraron e polo ben que se comportaron como grupo!!
Gol: Pablo

A. D. Lavadores 5 – 0 Cadetes
Partido marcado pola temperatura e a diferenza na clasificación, que se manifestou no marcador final. Moita loita, moita garra pero só un equipo na cancha. Iso si, do primeiro ao último minuto todos os mozos mostraron unha gran entrega. Seguimos…

Femenino 1-4 Club Peñasco
Última jornada marcada por el gran calor que hacía en el terreno de juego que provocó que tuviéramos a 3 jugadoras mareadas durante la 1° mitad.
El Peñasco se adelanto en el marcador y llegaríamos con 3-0 al descanso. En el descanso tendríamos que cambiar a nuestra portera que tenía el ojo hinchado debido a una gran parada que realizó en un mano a mano. En la 2° mitad jugariamos mejor y aprovecharíamos para tener nuestras mejores ocasiones al contraataque y conseguiríamos materializar una de esas ocasiones poniendo do el 1-3 en el marcador. Posteriormente debido al cansancio de las chicas el Peñasco marcaría el 1-4 definitivo.
Felicitar a las chicas por la gran mejoría que han tenido durante toda esta temporada tan atípica y difícil.

CD A Guía 2-1 Prebenxamín
Terceiro partido consecutivo quedando ás portas dos puntos nun partido igualado o cal empezáramos moi mal, os nenos despistados e cómo se estuviesen cheos de nervos sendo incapaces de facer bos despieces e chegando pouco arriba, e nunha xogada chea de rebotes e chegoulle a un xogador da Guía so contra o porteiro culminando cunha boa definición. Da primeira parte destacar o traballo de Izam como porteiro que notouse os entrenamentos específicos, con boas paradas e boas saídas.
Na segunda parte equilibraríase as cousas e tivemos mais ocasións, pero eles en cada xogada sua rondaba a nosa área. Nunha falta lateral chegaría o noso gol cun tiro directo e finalmente, a falta de 5 minutos chegaría o 2-1 un centro de córner cun remate picado imposible para o noso gardameta.
Fin dunha tempada a cal estou orgulloso da melloría dos novos nenos, que moitos chegaron sen xogar antes noutro equipo.
Gol: André

Victoria 3 – Xuvenís 2
Dulce derrota dos xuvenís que a pesares desta derrota conseguen o obxectivo de clasificarse para as semifinais da fase de ascenso á liga galega.
Na primeira parte debido o respecto que de tiñan ámbolos dous equipos, só podemos destacar un par de intervencións de cada porteiro.
Na segunda parte, debido ao calor, o ritmo baixou moitísimo e chegaron moitas mais ocasións de gol. Adiantaríase o Victoria por duas veces no marcador, sendo os nosos capaces de empatar o partido en ambas ocasións aos poucos minutos de encaixar. Na última xogada do partido os rivais levaríanse o gato á auga cun gol tras un rechace do longueiro.
Agora a esperar rival e a disfrutar da fase de ascenso tras una liga notable onde o equipo demostrou que pode competir contra calquera.
Esperamos o voso apoio nas semifinais!

Peñasco 1-9 Alevín A
Moi bo partido dos nenos, que por fin lograron levar o ritmo do xogo de principio a fin. As ocasions dos rapaces foron constantes e hoxe si conseguiron culminalas con bonitos goles que chegaron xa dende o comezo do encontro.
A pesar do marcador tan abultado, quedóme coa mellora no aspecto defensivo, presionando en bloque e dificultando as chetadas do rival. Felicitacións para Mateo, que cubriu a posición de porteiro neste encontro e realizou unha actuación espectacular. No gol encaixado non puido facer nada.
Goles: 4 Yeabsi, 2 Samu, 1 Alexander, 1 David, 1 Hugo

Deja un comentario