¡SENTIMENTO VERDE!

Xornada do fin de semana do 12 de Novembro (2022-23) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA

Xuvenil 2 – Val miñor C 5
Moi mala primeira parte dos xuvenis que sairon fríos o campo e non conseguiron coller o pulso ao partido en ningún momento. O rival dominou como quiso a primera parte e foise ao descanso con 0-3.
Na segunda parte tras facer os cinco cambios e cambiar o planteamento viuse outro equipo que viu como os rivais sacaban da liña de gol o que suporia o 2-3 e nese contegolpe encaixamos o 1-4 e acabouse o partido…boa segunda parte a nivel de actitude e de xogo pero que debido aos primeiros 45 minutos supoñen un paso atrás nas nosas aspiracions.
Goles: Medina e Fer.

Balaidos CF Femenino: 0 SP San Mateo: 6
Mala sorte para o femenino na mañá do domingo. Comezaba o partido cun ritmo intenso para ambos equipos. Como consecuencia dun lance de xogo, lesionase a principal baza ofensiva do equipo, obrigandonos a facer o único cambio de forma prematura. O conxunto visitante faise con control do partido e ponse en vantaxe de tres goles.
Na segunda métase, noutra acción desafortunada perdemos outra xogadora por lesión quedando con 10 ata o final. Moi boa atitude do equipo ante as adversidades.

Benxamin 5 Castrelos 3
Partido bo dos nosos no que empezariamos o partido moi concentrados e marcando nos primeiros minutos 2 goles, na segunda mitade tamen saimos concentrados e marcariamos o 3 0 , os nosos xogadores bastantes confiados empezaron a relaxarse e o rival empezou a chegar a noso area ,nunha contra e un error defensivo nos marcarian 2 goles ,volvimos a concentracion e dos boas xogadas por banda nos permitiron marcar 2 goles mais, nos ultimos minutos outro error defensivo fixo que reciberamos o ultimo gol xa sen moita importancia no partido

Infantil 8-0 Castrelos B
Moi bo partido dos infantís que dominaron tódolos aspectos do xogo, disputando moitos minutos en campo rival con varios remates o largueiro o que evitou un resultado máis abultado. Victoria con momentos moi bós de xogo e con moitos xogadores que deron un paso adiante para que cada vez nos resulte máis complicado, os adestradores, elexir que xogadores teñen que estar no campo. Seguiremos traballando para mellorar.

Alevín 3 – 0 Rápido de Bouzas
Partido no que os rapaces conseguiron manter unha gran concentración durante os 50 minutos, o que se traduciu en manter a portería a cero e non cometer erros en defensa. Os tres goles dos nosos chegaron tras robos en presión na saída de balón do rival, pero foron esas gañas de todo o equipo, colaborando e apoiándose en defensa, o aspecto máis a destacar do partido. Moi contentos coa actitude de todos e con outro gran partido do noso porteiro Andrés.

Balaidos aficionado 1 – Castrelos B 3.
Mal partido de los nuestros, encajando tres goles por errores nuestros. Tras marcar el 1-2 e intentar ir a por el partido, en la siguiente jugada un error entre dos jugadores propicia la ocasión en la que marcan el tercero y anulan la iniciativa de remontar el encuentro. Mal partido, cosas a trabajar y a por los siguientes 3 puntos lo antes posible.

Deja un comentario