Xornada do fin de semana do 11 de xaneiro (2019-20) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

 

CRONICA DA XORNADA

Infantiles 0-3 Valladares
Moi bo partido dos nosos no cal competimos durante os 80 minutos e tendo mais dunha ocasión para haber marcado algún gol. Neste partido empezamos a segunda volta e conseguimos baixar do 13-0 da primeira a un 3-0. Estamos moi contentos co traballo de todos e continuaremos mellorando semana tras semana.
Cadetes 3 – 2 Pereiro “B”
Partido moi completo dos mozos dominando desde o principio e con moitas ocasións, aínda así nos poñemos por detrás no marcador para conseguir o empate xusto antes do descanso. Descanso moi constructivo no que todos participan e propoñen solucións que se materializa en 2 goles nada máis empezar a segunda parte. Como sempre sufrimos ao final por non pechar o partido. Gran día do equipo… A seguir.
Vilariño 2-3 Benxaimín B
Comezaron moi dubitativos e atenazados, pero grazas a que nos tranquilizamos e xogamos como un equipo unido xuntando liñas levantamos un 2-0 dos primeiros minutos. Felicidades e orgullosa dos meus peques. A primeira de moitas victorias. Xogando así, non hai quen nos gañe.
Fútbol Sala Femenino. Liga Provincial Galicia. Balaidos CF 6 – Campito FS 1
Partido con duas partes ben diferenciadas o que disputaron as nosas rapazas. Na primeira parte as nosas estiveron espesas con ataques faltos de profundidad. Ainda así chegouse ao descanso gañando 2-1.
Na segunda meta de as nosas tiveron mais dinamismo e verticalidade e os goles foron chegando ata o 6-1 final.
Goles: Mar 4, Mayra e Meli Lago.
Moledo 4-1 Alevíns B
Partido moi disputado entre os dous equipos. A primeira parte foi de total dominio noso no que inexplicablemente íbamos a ir 1-1 ao descanso xa que o equipo pudo marcar bastantes goles. A segunda parte foi mala, acusouse moito o cansancio e recibimos o resto de goles. Nos últimos 5 minutos o equipo intentou maquillar un pouco o resultado pero nada se pudo facer. Gran primera parte e floja segunda. A seguir traballando.
Xuvenil b 7 – matama b 0
Partido ven xogado pola nosa parte ante un equipo que na primeira volta gañounos por 2-1,isto demostra que o traballo vai saindo.agora toca preparar o partido do vindeiro fin da semana ante o lider invicto da categoria donde sabemos q vai ser complicado pero non imposible.
Prebenxamin 3-2 C. Apóstol
Partido moi bonito de ver hoxe en coia onde o Apóstol comenzaría gañando cun golazo de falta. Despois dun segundo pao (esta vez de Unai) o balón chegou as botas dun inspiradisimo Roi que marcaría o 1-1. Co comezo da segunda parte o Apóstol volvería a adelantarse cun bo gol a contra pero nunha xogada máis que pelexada, Vince, capitán hoxe, subia o empate o marcador. O gol da victoria chegaria cunha volea de Roi Lis a pase de Lucas. Partido sufrido pero moi orgulloso nun día no que as baixas de xogadores destacados deixaron momentos de empodersmiento para o resto de xogadores. Un 10 o C. APOSTOL, en trato, elegancia e educación. Unha mañá moi bonita de futbol.
Xuvenil A 0 – Vila do Corpus 3
Rabia e impotencia é o que resume o partido de hoxe no que dous equipos da zona alta da taboa.
O portado foi moi igualado ata que o señor colexiado decidiu cargarse o encontro con días expulsions seguidas sen ton ni son.
Na primeira parte seríamos nos os que gozamos das ocasions mais claras con un longueiro e un man a man errado por moi pouco.
Os 15 minutos da segunda parte viriase todo abaixo ca que tras un gol en fora de xogo os rapaces comentanlle o árbitro que o rival estaba adiantado (con respeto e tranquilidade) e este decide sacar duas cartulinas vermellas directas, rompendo o partido e os nosos esforzos fronte a un rival directo que quedou tan sorprendido coma nos trala decisión arbitral.
Dexexar o Vila do Corpus moi boa sorte no que resta de tempada, xa que o seu comportamento foi exemplar.
Aficionados 4-1 Vigo 2015.
Partido fácil para os nosos. Onde non se pasaron apuros.
3 puntos mais e a seguir traballando.
Salvaterra B 1 – 2 Alevíns
Partido moi serio dos rapaces, só concedendo dúas ocasións en contra en todo o partido. No ofensivo faltou precisión para encontrar ao compañeiro, pero aínda así rematamos moitas veces a porta. Destacar o porteiro rival, así como o trato do seu corpo técnico. Agradecer aos pais o madrugón e o apoio a pesar do frío. Goles de Samu e Adri.

 

Deja un comentario