¡SENTIMENTO VERDE!

Xornada do fin de semana do 1 de febreiro (2019-20) Resultados e crónica

Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL.
Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a ultima hora, consulta o enlace directamente.

CRÓNICA DA XORNADA

Arenas 6- juvenil 2
Encontro penoso pola nosa parte,falto de aptitude e de gañas de disputar un encontro de futbol.cando un equipo se cree mais do q es malo,e asi foi.ainda asi na primeira mitade apesar de entrar no encontro moi mal fumos capaces de retificar un par de cousas tacticas e igualar o partido a 2 tantos.asi acabou a primeira parte,pero foi u  espesismo por que na segunda mitade eles foron moito mais aguerridos e levaron o encontro a donde quixeron e foron moi superiores.espero q sexa una cura de umildade e volvamos a ser o equipo q eramos nas ultimas xornadas.todo o equipo ten q dar un paso mais tanto os convocados coma os q no lo son.
Guía 2-4 Benxamín B
Partido difícil polas condicións do terreo de xogo. Soupemos loitar ata o final, levándonos a victoria. Moi bon partido dos peques.
Xuvenil A 1 – Alerta 6
Partido lamentable, o resultado o di todo, cando non pelexas, non tes actitude  e cometes erros de prebenxamins é o que pasa.
Isto xa se ven cocendo durante un tempo, polo que así nin fase nin nada.
Femenino 14-0 puentecaldelas 
Nada que comentar. Moi superiores.
La Guía 5-2 Alevíns “B”
Partido complicado tanto polo bo nivel do rival como polas numerosas baixas que tivemos. A primeira parte foi moi frouxa, o equipo sufría en defensa e apenas tivemos oportunidades en ataque. Ainda así fuimos ao descanso 2-0. Na segunda parte o equipo concentrouse e atacou moito mais. Competimos e puxemos en apuros ao rival. Primera parte frouxa e segunda bastante boa e con actitude positiva. Grazas aos dous benxamíns que viñeron a axudarnos. A seguir traballando!
Goles: Joel e Nico
Infantis 0-5 Alertanavia
Partido contra o líder no cal foron superiores pero  puidemos aguantar ben. Os 3 últimos goles chegaron nos últimos minutos. Pese a que neste partido non melloramos o xogo, conseguimos mellorar de novo o resultado respecto a primeira volta. Os rapaces compiten cada vez mellor. A seguir traballando
Cadetes 4 – 3 Los Sauces
Mal comezo de partido, dez minutos de descontrol con falta de ganas e actitude moi mala, que nos custa ir ao descanso 0-3. Comentamos a primeira parte entre todos para buscar solucións, decidimos que non temos nada que perder e na segunda parte, cambio radical de actitude que mete no seu campo ao equipo contrario. Resultado final xusto e gran alegría dos mozos. Seguimos…
Fútbol Sala Femenino. Liga Provincial Galicia.Tenorio FS 2 – Balaidos CF 4
Partido moi complicado esta tarde en Pontevedra. As nosas, con baixas importantes, encaixaron un gol de falta nada mais comezar. O equipo tiña o balón e controlaba o xogo con moitas chegadas que non se concretaban, polo que se chegou con desvantaxa ao descanso.
A segunda parte foi impresionante, coas nosas presionando en todo o campo e chegando a portería rival en cada xogada. Ainda que custou abrir a lata, tras anotar o primeiro, o equipo viuse arriba e conseguiu 3 goles mais para matar o partido.
Impresionante.
Moledo 0-2 Aficionado. 
Partido fácil y sin más que comentar. 3 puntos más y a seguir traballando.
Fútbol Sala Femenino. Liga Local Galicia. Balaidos CF 11 – Grupo 7 a 9 FS 0
Partido sen moita historia contra as pechacancelas. Festival anotador das nosas, en especial de Naiara, que se coloca como máxima goleadora da competición.
Montecastelo 3-1 Prebenxamíns
Comezamos gañando cun gol de Unai dende fora da área que entrou con fortuna para facer o 1-0. Os poucos minutos unha falta ao pao do mesmo Unai deixabanos sen o 2-0. A primeira parte presionamos ben, replegamos cando tiñamos que replegar e tivemos ocasións. Na segunda o conto cambiou e o Montecastelo remontou en apenas 5 minutos dunha maneira merecida. Moitos “desconectes” nun partido que puidemos sentenciar na primeira metade, pero que unha vez máis faltounos “un poquiño” de carácter nas situacións adversas . O seu tercer gol chegaria xa cos nosos a desesperada. Sensacions xerais negativas, pero nada que non se poda remediar, nesta liga as cousas van ser así de competidas e temos que ir entrando na dinámica.

Deja un comentario