Esta información foi tomada directamente da páxina da REAL FEDERACIÓN GALLEGA DE FUTBOL. Pode estar suxeita a cambios. Para confirmar a última hora, consulta o enlace directamente.
CRÓNICA
Infantil 1-1 Coruxo C
Bo partido dos infantís na mañá de hoxe. Moi boa actitude no campo e xogando como un verdadeiro equipo. Unha acción mal defendida que rematou cun gol en propia dun despexe, púxonos por baixo no marcador. O equipo non baixou ou brazos e empatou na derradeira xogada do partido. Empate que fixo que os xogadores se fosen satisfeitos o vestuario polo traballo feito durante o partido, pero no que sendo obxectivos por xogo e ocasións merecemos gañar.
O próximo partido toca o líder invicto da categoría e traballaremos para que chegue esa primeira derrota do líder.
Alevín 1-6 Valladares
A pesares de ter falado dos erros cometidos no anterior partido, hoxe cometeronse os mesmos e máis.
O marcador era de 1-3 ao descanso, cunha primeira metade na que o partido parecía parello. Sen embargo, as desconcentracións en defensa e do porteiro e a poca contundencia arriba acabaron co rival marcando todo tipo de goles e os rapaces baixando os brazos.
Moi mal partido do alevín.
Xuvenil 6 – Rap. Bouzas B 4
Primeira parte de auténtica locura no que remontamos ata en duas ocasións un 0-2 e un 2-4 para irnos ao descanso gañando 5-4 e tirando dous paos…claramente non foi o dia das defensas.
Na segunda parte o equipo defendeu moi ben e foi capaz de ampliar o marcador ao pouco de comezar. O cansancio impediu o equipo cerrar o partido pero o gran esforzo colectivo fixo que non sufriramos e a victoria non peligrase.